BARRO D-MEDO 2024
🎃👻 A tarde e a noite máis terrorífica do ano! 👻🎃
Este XOVES 31 de outubro, vinde pasar unha tarde de medo no Pazo da Crega e celebrade connosco o Samaín máis divertido de todos! 💀
🕒 18:00 – 20:30 | Concurso de Calacús 🎃
Trae o teu calacú decorado e preséntate para ser o mellor no Concurso de Calacús, pero non te preocupes, só por participar recollerás as túas chuches D_Medo! (inscripción previa na OMIX de Barro 690722812, ata o día 30 ás 14:00)
🕒 18:00 – 20:30 | Obradoiro de Chapas e Chuches Terroríficas 🍬
Para os máis pequenos (e non tan pequenos), un espazo para crear chapas únicas e degustar chuches de medo.
🕒 19:30 – 21:00 | Magosto 🌰🔥
Non hai festa sen un bo magosto! Castañas quentiñas para todas e todos!
🎬 Pechamos o día coa Proxección das Curtas d-Medo 2024 e a Entrega de Premios A PARTIR DAS 21:00!
Despois das curtas, será o público quen elixa o seu favorito e axude a decidir o Premio do Público!
🎟️ Non faltedes! Será unha noite para lembrar!
🎃🎼🪕🥁A música será unha parte moi importante, DIXIEBRASS acompañarános para pasalo D-Medo!!!
