Barro acolle o proxecto “As cores do ceo: Roteiro musicado” para o alumnado do IES

Barro prepárase para celebrar o innovador proxecto cultural e musical “As cores do ceo: Roteiromusicado”. Esta iniciativa, prevista para outubro de 2024, busca dinamizar as relacións sociais entre a mocidade, promovendo actividades de lecer ao aire libre onde a música, a literatura e o patrimonio natural entrelázanse.


Un paseo musical pola natureza


O evento principal do proxecto é un percorrido a pé por unha área natural de gran valor en Barro, dividido en catro etapas. Cada tramo do paseo estará acompañado dunha composición musical inspirada en textos do autor galego Suso de Toro e interpretada polo grupo Cromosons.
Durante o percorrido, os participantes poderán acceder a estas composicións a través de códigos QR situados ao longo do roteiro.
A actividade non só ofrecerá a oportunidade de gozar da música e a paisaxe, senón que tamén permitirá aos asistentes facer pausas en puntos crave do percorrido para contemplar o patrimonio natural da zona. Ademais, tras o evento, o percorrido quedará sinalizado e dispoñible como un roteiro autónomo, accesible para futuros visitantes sen necesidade de guía.
Previo á celebración do roteiro co alumnado do IES de Barro, levaranse a cabo unha serie de actividades relacionadas coa promoción da vida saudable, o patrimonio natural, e os beneficios da música para o benestar mental:

  • Relatorio “A Música e ou seu Poder na Saúde Mental”: Discutirase sobre o poder terapéutico
    da música e o seu impacto na saúde emocional.
  • Relatorio “Música e Emoción: Un Binomio Inseparable”: Analizarase co alumnado da Escola de
    música de Barro a relación entre a música e as emocións humanas, destacando como a música
    pode influír no estado de ánimo.
  • Obradoiro de Identificación de Especies Vexetais: Un taller interactivo onde os mozos e mozas
    aprenderán a recoñecer especies endémicas, autóctonas, alóctonas, exóticas e invarosas.
    Ademáis de crear pezas cerámicas inspiradas en texturas naturais.
    “As cores do ceo: roteiro musicado” ten como obxectivo non só promover o turismo cultural,
    senón tamén fortalecer os lazos comunitarios en Barro e os seus arredores. Ao integrar
    composicións musicais e textos literarios, o proxecto apoia o talento da nosa terra e fomenta a
    apreciación do patrimonio natural e etnográfico de Galicia.
    O percorrido realizarase o luns 28 de outubro de 2024, cunha edición especial organizada para o alumnado do IES de Barro, que incluirá unha versión adaptada do percorrido e un picnic en plena natureza e outra edición co alumnado da Escola de música de Barro. A actividade esta organizada pola asociación musical cultura tirante de Barro e conta co apoio da área de xuventude da Deputación de Pontevedra.

Deixar un comentario