O Concello de Barro elaborou a sua propia auditoria para minimizar as perdas de auga rexistradas na rede de abastecemento municipal.
O documento, que foi aprobado por unanimidade no pleno da corporación municipal, é un plan a catro anos para conseguir que as fugas non superen un promedio dun 20%, cando actualmente se situan nun 47%, como indica a propia auditoria.
Segundo o estudio, elaborado a través dunha subvención de Augas de Galicia, non todas as fugas son provocadas por roturas ou avarías senon que tamén unha gran parte son consecuencia dos consumos nom contabilizados nas instalacións públicas, como centros educativos, deportivos, Casa Consistorial, locais municipais, etc.
O Tenente de Alcalde e Concelleiro de Obras e Servizos, José Sanmartín, explica que “para revertir a situación e en base ás conclusións da auditoría, a partir do vindeiro ano, poremos en marcha un total de once medidas que pretenden, especialmente, contabilizar eses consumos das instalacións municipais”
Entre elas, o control de contadores en remoto, a renovación daqueles que teñen máis de doce anos de antigüedade, realización de campañas para busca de fugas na rede de abastecemento e colocación de reductores de presión en dúas zonas do sector de San Antoniño.
“Precisamente a elaboración desta auditoría coincidiu no tempo cunha serie de pequenas roturas encadenadas en diversos puntos da traida municipal, resoltas con inmediatez, e que están moi ligadas á alta presión da propia rede”, apunta Sanmartín.



