CONCURSO CURTAS D-MEDO 2024 CONCELLO DE BARRO

🎥 Tes unha historia por contar? Unha visión que compartir? É hora de mostrar o teu talento detrás da cámara!

🎥Desafiámoste a crear unha curtametraxe, de 3 minutos en galego, que mostre a túa creatividade, paixón e perspectiva única.

Xa sexa drama, comedia, documental ou calquera xénero que elixas, este é o teu momento.

🎥Este ano propoñemos que empreguedes nas vosas creacións, aos seres mitolóxicos galegos que sobreviviron no folclore e na tradición oral. 👉 Que precisas?

A túa imaxinación, unha cámara (incluso a do teu teléfono é suficiente), e un equipo de amigos apaixonados polo cinema. 👉 Que hai en xogo?

Ademais da oportunidade de mostrar o teu traballo a noite o 31 de outubro, teremos premios emocionantes para as curtas máis destacadas, así que a recompensa é doce!

📅ENTREGA DAS OBRAS
Prazo de presentación de solicitudes e curtas ata o 24/10/2024

PREMIOS

📀 Premios na categoría Xeral:
1º premio: 200 €
2º premio:100€
3º premio: 70€.

📀Premio categoría D-Medo no IES:
Vale de gasto 60€

📀Premio do público:
Vale de gasto 60€

💞 PROXECCIÓN CURTAS

31/10/2024 a partir das 21:00h

Consulta as bases e descarga os formularios en https://barro.sedelectronica.gal/info.0 (busca no taboleiro o día 18 de setembro)

Información na OMIX de Barro.
Horario: luns, mércores, venres de 9:00 a 14:00 horas
Martes e xoves de 16:00 a 21:00 horas

☎️986714806 – 690722812.

Deixar un comentario