Veciñanza de Barro participou este sabado nunha xornada de limpieza de espazos organizada pola Concellería de Obras e Servizos que dirixe o tenente de alcalde José Sanmartín dentro do proxecto Libera.
A recollida tivo lugar na contorna do campo de fútbol, así como en zonas públicas e privadas na zona de Cesto Redondo e Outeiro.
“Non pesamos os resíduos que recollemos pero son bastantes kilos entre vidro, rodas, envases e plásticos, que agora separaremos nos distintos contedores do punto limpo”, explica o tenente de alcalde.
Sanmartín agradece a colaboración de todas as persoas voluntarias pola súa participación na xornada de limpeza medioambiental, así como á Comunidade de Montes da Portela pola súsccolaboración loxística.








