🎥CONCURSO CURTAS D-MEDO 2023

Tes unha historia por contar? Unha visión que compartir? É hora de mostrar o teu talento detrás da cámara! 🌟

Desafiámoste a crear unha curtametraxe, de 3 minutos en galego, que mostre a túa creatividade, paixón e perspectiva única.

📽️ Xa sexa drama, comedia, documental ou calquera xénero que elixas, este é o teu momento para brillar.

Que precisas?
A túa imaxinación, unha cámara (incluso a do teu teléfono é suficiente), e un equipo de amigos apaixonados polo cinema.

E que hai en xogo?
Ademais da oportunidade de mostrar o teu traballo a noite o 31 de outubro, teremos premios emocionantes para as curtas máis destacadas, así que a recompensa é doce! 🏆

ENTREGA DAS OBRAS
Prazo de presentación de solicitudes e curtas ata o 18/10/2023

📌Premios na categoría Xeral:
1º premio: 200 €, 2º premio:100€, 3º premio: 70€.

📌Premio categoría D-Medo no IES: Vale de gasto 60€

📌 Premio do público: Vale de gasto 60€

🎬🎟🎞PROXECCIÓN CURTAS 31/10/2023 a partir das 21:30h

Esta é a CUARTA actividade de 👅“Dándolle á lingua”: Concurso de Curtas D-Medo, atividades de dinamización lingüística programadas dende fai sete anos polo Concello de Barro, coa colaboración da Deputación Provincial de Pontevedra.

➕ℹ️ Na OMIX de Barro.
Horario: luns, martes, mércores, xoves, venres e sábado de 9:00 a 14:00 h
☎️Telefono: 986714806 – 690722812.
Bases na web do Concello de Barro: https://barro.es

Deixar un comentario