Ánxeles Vazquez, Conselleira de Medio Ambiente da Xunta visita Barosa xunto ao candidato do PP de Barro

Esta pasada fin de semana Ánxeles Vazquez, Conselleira de Medio Ambiente da Xunta visita Barosa xunto ao candidato do PP de Barro, Eduardo Ruadas.

Con esta visita o Partido Popular de Barro quere transmitir un compromiso co medioambiente, con Barosa e con #Barro, que é absoluto. E as nosas propostas van a ter o apoio da Xunta se alcanzamos o goberno.

Ánxeles Vázquez mostrou o seu apoio a “unha visita ao enclave turístico e medioambiental por excelencia de Barro”.

Eduardo Ruadas sinalou que “o PPde Barro vai levar adiante medidas de conservación, adecuación do entorno e tamén de instalación dunha área de autocaravanas e recarga de coches eléctricos na zona do parking de Barosa”.

Deixar un comentario