Declarado “ambientalmente viable” un parque eólico no Acibal previsto desde hai doce anos

“Formular a declaración de impacto ambiental do parque eólico Acibal, considerando que o proxecto é ambientalmente viable”. Así se declara na luz verde que a Dirección Xeral de Calidade Ambiental acaba de outorgar a un polígono de catro aeroxeradores no Monte Acibal, en terreos de Moraña, Barro e Campo Lameiro, ás portas do municipio de Pontevedra. Con propostas eólicas sobre a mesa noutros montes próximos á capital, como en Marín e no Castrove, a iniciativa agora aprobada é o primeiro plan con este permiso ambiental nas proximidades de Pontevedra dentro da actual onda de proxectos que xa xerou unha gran contestación social.

https://www.farodevigo.es/pontevedra/2022/01/02/declarado-ambientalmente-viable-parque- eolico-61193254.html

Deixar un comentario