85 veciños de Barro, Cotobade e Moraña participarán nos obradorios de “Tecendo lazos”

LOGO PONTEVEDRA VIVA BARRO

A Deputación de Pontevedra pon en marcha este martes 26 de decembro novos obradoiros do programa “Tecendo Lazos”, promovido polo servizo de Cohesión Social e Xuventude da institución provincial, nos concellos de Barro, Cotobade e Moraña.

En total, 85 persoas destes tres concellos beneficiaranse desta iniciativa que ten por obxectivo fomentar o envellecemento activo das persoas maiores e impulsar as habilidades sociais e a empatía das máis novas a través dunha serie de obradoiros interxeracionais de lecer e tempo libre.

Máis polo miúdo, en Barro participarán 32 persoas nun obradoiro de “Bailes de Romería” que alongarase ata o 9 de xaneiro e terá lugar no salón de actos da Biblioteca Municipal.

MAIS INFORMACIÓN.

http://pontevedraviva.com/xeral/42273/85-vecinos-barro-cotobade-morana-participaran-obradorios-tecendo-lazos/

5a4123830b-xuntadegobernof01

 

Deixar un comentario