O secretario xeral do PSOE de Barro, e tentente de alcalde do Concello, José Sanmartín, exercerá a Secretaría de Deportes na nova dirección do PSOE provincial.
Sanmartín entra a formar parte da nova executiva provincial, que encabeza David Regades, e que foi aprobada no Congreso celebrado hoxe no Pazo da Cultura.
A comarca Ulla Umia, á que pertence Barro, está representada na nova dirección por catro secretarías e unha vogalía.
Xunto con José Sanmartín foron designados/as Diana Pereira de Moraña, como vogal, Montse Maceiras de A Estrada na Secretaría de Política Social, María Ferreirós de Valga como Secretaria da Memoria Histórica e Manuel González de Caldas na Secretaría de Coordinación Territorial.
A executiva consta de 43 membros e foi aprobada co 77,6% dos votos dos delegados.
Asimesmo, o Congreso aprobou por unanimidade unha enmenda de adicción presentada polo grupo socialista de Barro en relación ás rutas de peregrinaxe da provincia.
