Autorizan a apertura dunha nova farmacia en Barro

Barro contará a curto prazo cunha nova farmacia, o novo mapa farmacéutico de Galicia, aprobado este xoves polo Consello da Xunta, inclúe a Barro nos concellos da comarca de Pontevedra na relación de 41 municipios nos que se autoriza a apertura de novos establecementos.

O obxectivo desta medida, segundo o goberno galego, é garantir unha atención sanitaria axeitada en áreas semiurbanas como Barro.

_20171124_143338

 

Deixar un comentario