Unha persoa faleceu na mañá deste luns nun accidente de tráfico rexistrado ao chocar dous camións no término municipal de Boborás.
Segundo os datos facilitados polo 112 Galicia, o sinistro tivo lugar sobre as 9,10 horas á altura do quilómetro 32 da estrada N-541 ao seu paso por Boborás.
O 112 Galicia mobilizou ao 061, GES de Avión, Garda Civil de Tráfico e Bombeiros de Ou Carballiño, que confirmaron que había unha persoa falecida atrapada, que tivo que ser excarcelada. O condutor do outro vehículo tivo que ser trasladado en ambulancia a un centro hospitalario.
O 061 desprazou ao lugar un helicóptero medicalizado, un médico e unha ambulancia asistencial.