
No lugar de Parada, en Barro, hai bastantes vivendas que se nutren de auga a través de traídas veciñais ou incluso individuais. Este último é o caso de María Rita Romay, unha das moitas afectadas nesta contorna rural pontevedrés, onde si uno non ten un pozo, este setembro non ten garantido a auga. «Levamos un mes sen auga», explica. Esta muller atribúe o seu problema concreto ás obras do AVE , que lle deixaron sen acceso ao manancial do que se abastecía antes. Coa seca, conseguir auga volveuse máis complicado e na súa vivenda, onde viven sete presentas, volven ter que actuar como en tempos pretéritos. «Subimos a auga tres días e tres noites á semana dunha fonte pública na que temos dereito de aproveitar o sobrante». Unha vez recollido a auga, enchen o depósito e así van tirando. Esta solución non lle vale para a horta. Na leira, os tomates secáronse, o millo non logra desenvolverse e ata as uvas da viña son pequenas, como ela mesma sinala. «Todo está seco», conclúe. Non é a única en sufrir esta carestía. Outra veciña de Barro, María Jesús, explicou que ela tamén quedou sen auga, por unha avaría na traída veciñal que deixou sen servizo a bastantes casas hai semanas. Ela non ten pozo na súa casa, así que ten que cociñar con auga do supermercado, e lavar a roupa ou ducharse en casa dos seus pais. En Valiñas, Roberto, indica que toda a parroquia ten cortes nocturnos dous ou tres días da semana. É a única forma de dar tempo á traída veciñal a recuperar algo de caudal.

