Accidente na gasolinera da Portela

Os bombeiros de Ribadumia e Pontevedra colaboraron esta tarde no rescate do condutor dun camión comercial que envorcou nunha das gasolineras da Portela, en Barro, na PO-531, en sentido de Pontevedra a Vilagarcía. O suceso ocorreu ás 16.05 horas, segundo informou o 112. O condutor, que era o único ocupante do camión, resultou ferido aparentemente leve, aínda que os danos na cabina foron cuantiosos.

_20170724_161159

Deixar un comentario