O Concello de Barro insiste en que “non considera unha boa opción a proposta de enlace coa PO-531 que propón a alternativa” agora elixida. Sinala que os falsos túneles non evitan “a afección ao conxunto e contorna da igrexa de Curro e séguese producindo división física da distribución poblacional na parroquia de Curro”. Ademais, alerta de que “as excavaciones necesarias para executar a autovía coa nova rasante teñen un forte impacto sobre acuíferos que fornecen auga a núcleos próximos”.
Por iso, insiste en que “a mellor alternativa para enlazar a A-57 ao macronudo de Curro é a C-5 e solicita a liberación de peaxe do tramo da autopista AP-9 entre Barro e Pontevedra”. Todas estas demandas plasmaranse nas alegaciones que formulará nos próximos días.
Paralelamente, durante as negociacións con Estradas do Estado sobre este asunto, o alcalde Fernández Abraldes aproveitou para reclamar melloras na N-550 ao seu paso polo municipio e foi informado da pretensión de executar unha glorieta no nó onde se sitúa a estrada de acceso ao Pontillón.
Mais información preme no enlace: