
Un delito de condución temeraria que absorbe ao de condución baixo os efectos das sustancias estupefacientes en concurso con dous delitos de lesións por imprudencia grave e con outro de condución sen permiso. Esa é a cualificación xurídica definitiva dos feitos cometidos por un individuo multirreincidente que provocou un accidente de tráfico en Curro (Barro) logo de saltarse un stop, conducir en sentido contrario e encaixarse de fronte contra outro vehículo, todo iso baixo os efectos de ata sete sustancias estupefacientes. Os feitos tiveron lugar o 5 de maio de 2014.
A sentenza relata que o agora condenado, penado a dous anos de prisión e á retirada definitiva do carné, circulaba co seu vehículo logo de consumir cocaína, benzoilecgonina, morfina, codeína, acetilmorfina, metadona e lorazepán no término municipal de Barro, cando realizou un xiro prohibido, atravesou os dous carriles e provocou o citado accidente con dúas persoas feridas.
MAIS INFORMACIÓN PREME NO ENLACE:
