O escritor Adolfo Caamaño foi finalista do I Concurso Literario Internacional “Relatos de
Agua”.
A Fundación Acuorum Iberoamericana Canaria entregou os premios do I Concurso Literario Internacional “Relatos de Agua” o pasado mércores 19 de abril nun evento que tivo lugar no Salón Dorado do Gabinete Literario, na capital Gran Canaria, e no que estivo presente o presidente da Fundación, Ángel Simón; Andrés Sánchez Robayna, presidente da comisión calificadora; Pedro Feijoo, escritor e xurado en lingua galega e portuguesa, así como os cinco escritores que se alzaron co recoñecemento ao mellor relato.
Ao evento acudiron, ademais, o vicepresidente do Goberno de Canarias, Pablo Rodríguez; o presidente do Cabildo de Gran Canaria, Antonio Morales; o alcalde de San Bartolomé de Tirajana, Marco Aurelio Pérez, así como diferentes autoridades e representantes do mundo da cultura.
