A tristeza facíase notar onte no instituto Vale-Inclán de Pontevedra e o IES de Barro. O falecemento de Toñi Martínez Cedeira, que actualmente daba clases no citado centro pontevedrés pero que estivo moitos anos como docente en Barro, deixou mudos a profesores e alumnos. No Val-Inclán, apenas compartiron con ela un trimestre, xa que logo causou baixa pola enfermidade contra a que acabou perdendo a batalla. Aínda así, fontes da dirección destacaban o seu bo carácter. En Barro, onde a profesora chegou no 2003 e onde deu clases a xeracións e xeracións, dicían que Toñi era unha desas profesoras que deixan pegada, tanto pola súa forma de ensinar matemáticas como polo carácter alegre e amable. De feito, varios exalumnos chamaron ao centro para preguntar si era ela a que falecera, coa esperanza de que non fose así. Porque Toñi, por cuxo descanso se oficiará hoxe un funeral en Santa María A Maior, vaise demasiado pronto. Tiña só 51 anos.
