O domingo 23, ás 12 da mañán, vaise presentar na Cultural de Curro o libro sobre José Arcos Moldes (Outeda,Curro 1865 – Rianxo 1944), escrito por Xosé Comoxo e Xesús Santos.
José Arcos Moldes, que naceu en Outeda, fillo de Jerónimo Arcos Outeda, e de Soledad Moldes Falcón, de Bretoña, trasládouse a Rianxo de neno, con toda a familia, a herdar os bens dun tío avó en 1871.
No Rianxo de finais de século XIX e principios do XX, tivo un papel fundamental, no eido da promoción cultural, asociativa, e no ensino.
Foi director da revista “El Barbero Municipal”, primeira na que Castelao comeza a publicar, e foi tamén promotor, director, e letrista, de comparsas do entroido Rianxeiro.
Firme defensor da cultura, como xerme de progreso, e loitador contra o caciquismo.

