
Unha colisión entre dous turismos e un camión que transportaba gasóleo deixou a dúas persoas feridas na localidade pontevedresa de Barro. Segundo informou o 112, o seu estado non reviste gravidade.
O sinistro tivo lugar ao redor das 15.30 horas na PO-531, a estrada que une Pontevedra con Vilagarcía, ao seu paso pola parroquia de Curro. Ata o punto desprazouse unha ambulancia, e ademais mobilizouse aos bombeiros do Salnés, efectivos de Protección Civil e á Garda Civil de Tráfico. A situación tamén foi posta en coñecemento da Axencia Galega de Infraestruturas.
Máis información PREME no enlace :