Este venres no CENTRO CÍVICO CASTOR CASTRO a nosa Asociación inaugurará o seu fondo bibliográfico que recibe o nome de Fondo Bibliográfico Casares Quiroga e que será transformado nunha Biblioteca itinerante que percorrerá todas as parroquias de Barro.
Interveñen na presentación: Gerino Calvo (exdirector da UNED), o Presidente da Asociación e a Directora do do Fondo Bibliográfico.
A cita a terá lugar o VENRES 13 ás 19 horas. Estades todas e todos convidados!

