ACCIDENTE NO SAN ANTONIÑO

Onte ás seis e media da tarde produciuse un accidente en San Antoniño, que non causou feridos de gravidade pero si notables danos materiais e unha protesta do Concello de Barro xa que esa recta é escenario de frecuentes sinistros.

N-550

Segundo explicou o alcalde Xosé Manuel Fernández Abraldes, nese tramo da N-550 existe un cruzamento sen isleta de espera nin outras medidas para facilitar o paso dos coches, pese a que o Ministerio de Fomento, titular da vía, comprometeuse fai meses a resolver a situación. Abraldes reclama unha rotonda, pero Estradas aposta por un pintado dun espazo de espera, que non chega, polo que mañá o alcalde reiterará as súas demandas.

abraldes

Deixar un comentario