
Protección Civil de Barro fíxose cargo onte na mañá de onte dun corzo que apareceu ferido nun tramo da estrada N-550, á altura de Barro sobre as 13 horas aproximadamente.
O animal foi previsiblemente arroiado por un vehículo, aínda que no lugar onde apareceu o corzo non se atopou ningún posible implicado no incidente. O corzo foi atopado con vida e foi analizado por un veterinario para atender as súas lesións, estando agora á espera de coñecer o alcance do golpe.
É pouco frecuente que estes animais da familia dos cervos achéguense tanto a esta estrada, aínda que a presenza deles na zona non é tan estraña ao producirse unha repoboación fai relativamente pouco.
