O sinistro tivo lugar en Portela, moi preto da igrexa parroquial
Unha saída de vía na localidade de Barro deixa unha persoa ferida. O seu vehículo sufriu un impacto contra un muro.
O sinistro tivo lugar en Portela, moi preto da igrexa parroquial.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos minutos logo das 12:00 horas da mañá deste sábado.
O persoal do Centro de Atención ás Emerxencias avisou do ocorrido aos Bombeiros do Salnés, a Protección Civil e á Garda Civil de Tráfico, Os efectivos sanitarios, pola súa banda, mobilizaron unha ambulancia ata o lugar dos feitos para asistir á persoa ferida.

