
“Pouco antes das seis da tarde de onte, un turismo que circulaba pola autoestrada AP-9 en dirección a Pontevedra sufriu unha saída de vía para, acto seguido, envorcar sobre o asfalto. A pesar da aparatosidade do accidente, que se produciu á altura do municipio de Barro, todos os ocupantes do automóbil puideron abandonalo polos seus propios medios sufrindo, en principio, lesións de carácter leve.
En calquera caso, ata o lugar do sinistro desprazouse, polo menos, unha ambulancia do 061, mentres que os axentes do destacamento de Tráfico de Pontevedra procedían a regular o tránsito por este punto da AP-9. Rexistráronse retencións.”