Aldaolado” é un dúo formado por María Lado e Lucía Aldao, mulleres que nos seus espectáculos, cargados de humor e crítica, mesturan poesía, historias e cancións.
Aldaolado teñen ás súas costas un largo recorrido por todo tipo de salas galegas, deixando constancia do seu bo facer con espectáculos de título imaxinativo: “Con dous poemas por barba”, “Onde estea un cubata que se quite un soneto”, ou “Moita poesía pouca diversión”.
Entrada gratuíta ata completar aforo.
