
O Tribunal Supremo acaba de confirmar a condena de seis anos de prisión contra un veciño de Barro, José Ramón S.C., ao que a Audiencia de Pontevedra condenara a esta mesma pena por un delito de abuso sexual a unha persoa que sofre unha discapacidad psíquica grave.
Ademais, condena a catro anos de prisión a un segundo acusado, tamén veciño desta localidade, que se valeu da súa ascendencia sobre a vítima para levalo á vivenda do primeiro acusado onde se produciron os abusos. Neste caso, a Audiencia condenouno únicamente como cómplice a unha pena de dous anos de prisión. Con todo, a acusación particular presentou recursos e, co apoio do fiscal, sostivo que este segundo imputado, Juan P.C., non actuou como un mero cómplice do primeiro acusado, senón que o seu labor foi máis ben a de cooperador necesario. O Supremo estimou este recurso, mentres que rexeitou o dos acusados, dictando esta nova sentenza na que mantén a condena de seis anos para o primeiro dos acusado e eleva de dous a catro a pena ao segundo implicado.
Idade mental de tres anos
O relato de feitos probados queda tal e como xa o estableceu a Audiencia de Pontevedra na súa primeira sentenza. Segundo o fallo, nos primeiros días de xuño de 2013 o acusado Juan P.C. “aproveitou a súa condición de certa familiaridad ou amizade” coa vítima (que tiña unha idade mental similar á dun neno de tres anos por este atraso mental grave que anula a súa capacidade para consentir unha relación sexual) para convencerlle de que lle acompañase a casa de José Ramón S.C.
O fallo sostén que, unha vez alí, dixéronlle que entrase nun galpón e alí José Ramón S. C. pechou a porta con chave forzouno sexualmente mentres que o segundo acusado observaba a través dunha fiestra. Os dous condenados deberán indemnizar á vítima destes feitos con dez mil euros, ademais de abonar as costas procesales.