O Concello anunciou a celebración, para este sábado, da Xornada sobre a Xestión do Monte
en Man Común, no local da comunidade de montes de Curro .
O obxectivo do seu programa será o de compartir experiencias e formación para axudar a mellorar a xestión dos montes comunais do Concello, coa participación dos membros das xuntas reitoras das comunidades das seis parroquias de Barro. O evento será introducido polo alcalde Xosé Manuel Fernández Abraldes.
O Concello recorda que o monte comunal representa un gran potencial para o territorio, habendo tres aspectos que é necesario ter en conta á hora de planificar as actuacións que nel se realizan: o económico, a través da capacidade produtiva do monte para a creación de riqueza tanto forestal como outras producións; o ambiental, fundamental para a saúde das persoas; e o lúdico, un espazo de todos e para todos.