Dentro das actividades “Dándolle á lingua”, o Concello de Barro organiza o martes 3 e o
xoves 5 de maio un Obradoiro de Conta Contos para adultos. Celebrarase de 19.00 a 21.00 horas e nunha actuación conxunta tamén o sábado 7 de maio ás 12.00 horas. Trátase dun obradoiro para proxenitores, mestres, monitores de tempo libre e persoas interesadas en aprender a contar un conto. Ademais o lunes 16 haberá una actuación teatral con entrada de balde, no salón da biblioteca de Barro.