
Roberto di que hai unha alta demanda de cabalos, tanto «para a vida» como para consumo humano.
A Roberto Magariños, de Barro -ten o seu negocio en Curro – nacéronlle os dentes entre vacas, cabalos ou mulas. É o herdeiro dunha estirpe de tratantes de gando; de homes curtidos en centos de feiras e mercados que saben taxar o que vale un animal só observándolle uns segundos. Pero, ao contrario que aos seus antepasados, a el tocoulle reinventar o negocio. Viu como as feiras ían morrendo aos poucos, cunha agonía lenta pero imparable. E sentiu a necesidade de buscar outras fórmulas para vender. Atopou un aliado en Internet, onde adoita promocionar os seus exemplares. Afortunadamente, tras media vida no negocio, tamén lle avala o boca a boca. E o ollo a ollo. Si. Porque Roberto, ata hai pouco, tiña moitos dos seus animais nunha leira pegada á estrada de Pontevedra a Vilagarcía. A pé do viario podíanse ver poldros, póneis ou mulas. E o espectáculo estaba servido: «Había días que paraban quince coches xuntos, sobre todo de pais con nenos, para ver os animais», recorda el.
Pero vaiamos aos seus inicios. Roberto aprendeu o oficio do seu bisavó, o seu avó, e o seu pai. Moi novo, empezou xa a vender e a comprar gañado. Valeuse pronto en por si. En parte, porque facía boa provisión de consellos. Aínda ten algún fresco na memoria: «Sempre me acordo do que me dixo un tratante de Lalín unha vez. Eu estáballe vendendo un animal por poucos cartos e queixeime, díxenlle que así non ganaba nada. E el díxome que estivera tranquilo, que eu sempre ganaba. Aínda o estou oíndo dicíndome ?ti tranquilo rapaz, que se nun trato perdes cartos ganas habilidades, porque para a próxima xa non che volve pasar o mesmo, en canto ves que perdes xa aprendes? e a verdade é que tiña toda a razón».
Preme para continuart lendo…….
