O CONCELLO DE BARRO BUSCA SOLUCIONAR PROBLEMAS DE SEGURIDADE DA N-550 Ó SEU PASO POR SAN ANTONIÑO

Os problemas de seguridade vial do núcleo urbano de San Antoniño son unha preocupación constante dos veciños e veciñas de Barro, sobre todo o cruce da N-550 coa rúa Areal que da acceso ó Tanatorio, rúas do núcleo urbano e outros lugares do municipio.

O Alcalde de Barro, Xosé Manuel Abraldes, mantuvo no día de hoxe unha reunión co Xefe da Unidade de Carreteras do Estado en Pontevedra para buscar a solución definitiva á perigosidade que supón o cruce, para o que existen diversas posibilidades. Nos vindeiros días serán remitidas ó Concello as solución técnicas para o seu estudio.

Ademáis tamén se tratou a necesidade de completar as beirarúas da zona da farmacia, pois hoxe en día os peóns que transitan pola mesma deben baixar ó arcén ó non haber continuidade das existentes.

DSC_0227

Deixar un comentario