Dúas persoas resultaron feridas de gravidade na noite deste venres nun accidente de tráfico rexistrado naautoestrada AP-9 entre Pontevedra e Curro, no Concello de Barro. Ambas circulaban a bordo dun turismo que foi arroiado por un camión e foi necesario o seu traslado a un centro hospitalario.
O sinistro produciuse pouco despois das 20.00 horas pouco antes da saída da AP-9 en Curro. Segundo informaron os Bombeiros de Pontevedra, un turismo Opel Astra sufriu unha avaría e detívose na beiravía. A bordo do vehículo viaxaban tres persoas e a que ía de acompañante baixou para poder colocar os conos de advertencia da emerxencia para sinalizar a situación do coche á vista do resto de condutores.
MAIS INFORMACIÓN:
http://pontevedraviva.com/xeral/25426/dos-heridos-colision-camion-coche-averiado-autopista-ap9/
