Unha persoa resulta ferida nun accidente en Barro

Unha persoa resultou ferida nun accidente de tráfico ocorrido na mañá de onte no municipio de Barro.

O suceso tivo lugar ás 10.25 horas na N-550, á altura do restaurante Florita, cando un vehículo saíuse da estrada. Ao parecer o condutor sufriu unha indisposición e perdeu a consciencia, o que motivou o accidente.

Ata o lugar acudiron Emerxencias e Protección Civil de Barro que evacuaron a un centro médico ao ferido.

 

Deixar un comentario