A XEFA PROVINCIAL DE TRÁFICO VISITA O CONCELLO DE BARRO.

A Xefa Provincial de Tráfico, Mª Isabel Alonso, fixo unha visita oficial ao Concello de Barro na que mantuvo unha entrevista co Alcalde e o Tenente de Alcalde para falar da posible colaboración entre os dous Organismos.

Dende o Goberno Local aproveitouse a visita para falar dos problemas de seguridade vial que representa a PO-531 e a N-550 o seu paso polo núcleo de San Antoniño.

Ainda sabendo que a resolución a eses problemas de seguridade non é competencia da Xefatura de Tráfico si se lle pediu a súa intervención informando a Demarcación de Carreteras do Estado e a Consellería de Infraestructuras sobres os puntos máis comflictivos nesas dúas estradas.

No núcleo do San Antoniño existen dous cruces especialmente perigosos un coa rúa Areal, que está pendente dos informes de carreteras sobre a posibilidade de construcción dunha rotonda nese punto e o outro no cruce coa estrada provincial que vai en dirección á Portela, na que se produciu ainda onte outro accidente.

Outro dos puntos tratados foi a disposición da Xefatura Provincial de Tráfico a colaborar co Concello na concienciación en canto a seguridade vial, xa sexa con charlas nos centros educativos ou outro tipo de iniciativas.

abraldes

Deixar un comentario