BARRO APROBA UNS ORZAMENTOS MÁIS SOCIAIS, E CON UNHA APOSTA IMPORTANTE NA PROMOCIÓN ECONÓMICA E O EMPREGO.

O orzamento para a anualidade de 2016, acada a cantidade de 2.385.000, o que supón un incremento do 24,70%, en lugar do 4% previsto, debido ao Plan de concellos da Deputación que nos permite coñecer os recursos cos que imos contar para o próximo exercicio e facer desa maneira unha mellor planificación.

Tratase dun orzamento axustado e viable, co obxectivo de manter a estabilidade e minorar o endebedamenteo. Coñecedores da situación económica e social que estamos a vivir, debido as medidas antisociais adoptadas polo goberno central, coa suba de impostos e os recortes en servizos básicos e a destrucción de emprego de calidade, conxélanse os impostos e taxas municipais para non incrementar aínda máis a carga impósitiva que soportan os nosos veciños

Como prioridade este orzamento está orientado ao mantemento sen recortes dos servicios sociais e o resto dos servizos básicos, así como a contribuir dentro das nosas posibilidades á promoción económica e a creación de emprego, a dinamización da vida social e cultural, e a posta en valor dos nosos recursos turísticos e o noso patrimonio. É de salinetar a creación dunha nova partida de 10.000 para Turismo e promoción económica, que a area de cultura pasa de 4.000 euros a 21.000 e que se destinan 105.000 euros a creación de emprego.

A inversión no mantemento das infraestructuras e na dotación de máis servizos aos nosos veciños e veciñas, xunto co mantemento e a mellora dos edificio e espazos públicos para o uso intensivo por todos e todas, supoñen o esforzo económico máis salientable das actuacións planificadas para o ano 2016.

Os investimentos ascenden a 411.000 euros, dos cales 136.000 son para accesos a núcleos de poboación, 110.000 para saneamento, 25.000 para equipamentos deportivos e 65.000 para actuacións no Pazo, no edificio do Antiguo Concello e na Escola Infantil.

Deixar un comentario