Hai máis de 5 anos que se remataron as negociacións cos veciños para consensuar o proxecto, nas que se acordou convertir a PO531 nunha travesía urbana, pero a consellería non fixo nada do prometido, polo que a inseguridade e os accidentes seguen a producirse continuamente.
É por iso que a corporación municipal se suma a reivindicación da Plataforma de afectados, para que dunha vez por todas se dea comezo ás obras, e se cumpra cunha débeda histórica con todos os usuarios desta estrada.
