Os circos con animais implican unha enorme crueldade, tanto polas condicións de aloxamento, alimentación, transporte e socialización como polos brutais e violentos métodos de adestramento.
Ao mesmo tempo, os circos con animais ofrecen unha visión da realidade distorsionada e antieducativa.
Os nenos e nenas, público maioritario destes espectáculos, deberían ser educados no respecto cara aos seres vivos e a natureza, e estes espectáculos non contribúen en nada a esta sensibilización.