SONS DE BARRO

O domingo día 29 de novembro, ás 17h na Escola taller, vaise celebrar o festival solidario ” Sons de Barro – Música por alimentos”, organizado polo Concello.
Contaran coa participación do Grupo de Danzas Amor Ruibal, a Coral Polifónica de Barro e a Banda Xúvenil de Barro, e será presentado pola cantante local Ana Angueira.
Os alimentos que se recollan servirán para aumentar os recursos dos servizos sociais do concello, e que poida atender mellor as persoas que o necesitan.

sons de barro

 

Deixar un comentario