O Grupo de Danzas Amor Ruibal de Barro ven de renovar a súa directiva nunha asamblea
celebrada este sábado 24 de outubro ás 19 horas no antigo local de ensaio.
celebrada este sábado 24 de outubro ás 19 horas no antigo local de ensaio.A asamblea aprobou con 22 votos a favor e 7 en branco a única candidatura presentada, encabezada por Elena M Oubiña Fontan, que dende hoxe é a nova presidenta da agrupación, relevando no cargo a Gonzalo Negreiro Monteagudo.
Completan o novo equipo directivo, Rocío Touriño Reboredo como vicepresidenta, Belén Búa Seijo como secretaria, Silvia Torres Landín, tesorera e as vocais Adriana Nieto Fariña e Bea García Guimil.
A nova directiva do Amor Ruibal manterá unha liña continuísta para proseguir o bo traballo realizado ata o de agora por Gonzalo Negreiro, durante os anos que estivo dirixindo a agrupación folclórica de Barro.
O novo equipo expresa o seu agradecemento a Gonzalo Negreiro polo seu traballo á fronte da agrupación e á súa dedicación para que se mantivera como un dos grupos de danzas máis salientables da provincia.