Comoda maioría. O goberno da popular María Ramallo goza dunha maioría absoluta por segundo mandato consecutivo, algo sen precedentes na historia democrática de Marín. O verán foi tranquilo, Ramallo anunciou a continuidade dos proxectos e a súa xestión dos últimos catro anos. Están en obras a gardería e o centro de saúde.
Ponte Caldelas
A apertura do crematorio. Un tripartito encabezado polo socialista Andrés Díaz e apoiado polo BNG e a agrupación veciñal contraria ao crematorio da Reigosa derrubou ao PP dun dos seus bastións da súa provincia, enviando ao popular Perfecto Rodríguez á oposición. Nestes cen días, Díaz enfrontouse a unha vertedura na praia fluvial, procedente da Lama, e a non poder impedir legalmente a apertura, precisamente, do crematorio da Reigosa.
Cuntis
Avances no centro de día. A alianza entre o PSOE e o BNG desbancou da alcaldía ao popular Antonio Pena. Participación veciñal, transparencia, creación de emprego e abrir o centro de día son promesas nas que xa están a traballar. Desbloquear o polígono industrial da Ran, unha tarefa que segue pendente.
Portas
Reducir o desemprego. Portas sitúase á cabeza dos municipios pontevedreses con máis paro. Co obxectivo de reducir estes índices chegou o popular Víctor Estévez á alcaldía, aínda que para cumprir os seus obxectivos deberá contar coa oposición xa que goberna en minoría. A modificación dun PXOM que aínda non entrou en vigor é outra das súas metas.
Barro
Impulsar o polígono. O pacto entre BNG e PSOE puxo fin a unha hexemonía do PP de 32 anos. Explotar os recursos agrícolas do municipio e pór en marcha o polígono de Curro , son as metas dun goberno que aposta pola participación veciñal.
Poio
As beirarrúas da PO-308. Luciano Sobral encara o seu sexto mandato no que as esixencias veciñais de maior seguridade viaria en Raxó e Samieira están máis preto que nunca de cumprirse. A depuradora segue no aire.
Caldas
Xuízo oral. A disputa polo voto que decidía a maioría absoluta atrasou a toma de posesión do socialista Juan Manuel Rey que espera a resposta ao recurso contra a apertura de xuízo oral.

