As rabexadas da cicloxénese Henri, que xa se despediu da comunidade, volveron provocar a caída de varias árbores este mércores. Os Bombeiros rescatan un sendeirista que caeu por un desnivel xunto ao río Almofrei
A resaca da cicloxénese explosiva bautizada como Henri volveu mobilizar este mércores aos Bombeiros en varias ocasións, case sempre para retirar ramas ou árbores caídas sobre estradas ou camiños. Algúns accidentes debido ao estado esvaradío do firme e pequenas inundacións completaron o balance de incidencias na cidade, moitas menos que o día anterior.
O contratempo máis grave produciuse noutro concello da comarca, en Barro. Unha veciña da parroquia de Perdecanai sufriu feridas de diversa consideración ao caerlle encima unha grosa rama dunha árbore. Ocorreu o martes pola tarde, cando os refachos de vento alcanzaron a súa máxima intensidade. A muller atopábase xunto a un merendeiro anexo á súa vivenda cando, de súpeto, a rama esborrallouse sobre ela.

