O mellor hotel rural con encanto de España, será o escenario escollido pola deseñadora Luz Prado, para un showroom da colección Alegría de DIVINA by Luz o vindeiro venres día 18 nun evento ao que están convidados modelos, bloggers de moda, personalidades e clientes, que compartirán a presentación nun ágape que se celebrará na Quinta de San Amaro de Meaño.
A colección “Alegría”, cuxos deseños son únicos, estarán expostos para a súa adquisición na Quinta de San Amaro, o venres 18 durante a presentación, e ademais os venres 25 de setembro e 2 de outubro en horario de 19 a 22 horas, coa asistencia persoal da deseñadora Luz Prado. Hai que destacar que se presentarán en exclusiva deseños únicos para nenas de 0 a 18 meses baixo o nome de colección “Baby Alegría”.
Entre os compradores das coleccións, a marca DIVINA by Luz sorteará unha degustación gastronómica na Quinta de San Amaro.
O showroom, que reunirá moda e gastronomía, está patrocinado por Quinta de San Amaro e a adega de albariño “Eidos de Padriñán” de Sanxenxo
As invitacións personalizadas para asistir ao showroom, con aforamento limitado, poden obterse a través da páxina de facebook de DIVINA by Luz
