A corporación de Barro na ultima sesión plenaria ordinaria na que se decidiu a modificación do proxecto do campo de fútbol para executar melloras no equipamento. Ademais de aprobar a conta xeral, o goberno local sacou adiante outras dúas mocións. Unha en rexeitamento do copago no centro ocupacional de Saiar e outra para solicitar o mantemento da consulta de pediatría durante os meses de verán.
A modificación do proxecto do campo de fútbol era necesaria para poder conectar a infraestrutura á rede eléctrica. Ademais, a colocación da cuberta da bancada estaba pendente da instalación dunhas ancoraxes adecuadas. Tras recibir o crédito necesario e coa aprobación destes cambios, a obra poderá dar comezo nos próximos días e o custo roldará os 14.000 euros.
Unha iniciativa do goberno local é elevar a Sanidade unha moción na que se solicita a reposición durante os meses de verán da consulta de pediatría no centro de saúde. Coas vacacións do médico titular, os usuarios quedan sen consulta do pediatra durante os meses de verán. Unha situación que incomoda aos veciños.
Tamén quixo sumarse a corporación ao movemento encabezado polo concello de Caldas para evitar a implantación do copago no centro ocupacional de Saiar, unha medida que afecta a usuarios de Barro.

