O alcalde de Barro, Xosé Manuel Fernández Abraldes, mantivo unha reunión co xefe provincial da Demarcación de Estradas do ministerio de Fomento PARA analizar a situación na que se atopa o proxecto de mellora da seguridade viaria na estrada N-550 ao seu paso polo núcleo urbano do San Antoniño e o cruce coa rúa Areal.
Na reunión volveuse a pór de manifesto a perigosidade deste cruce, acadándose o compromiso de que, á maior brevidade posíbel, se vai rematar co estudo técnico para determinar cal é a mellor solución para resolver o grave problema de seguridade alí existente.
O alcalde aproveitou a reunión para expresar a súa preocupación e a dos veciños pola perigosidade tamén existente no cruce da N-550 coa estrada provincial Portela-Curro.
Barro a 9 de xullo de 2015