O Pleno de Barro ratificará o reparto de áreas do goberno bipartito BNG-PSOE

LOGO PONTEVEDRA VIVA BARRO

Cun forte apretón de mans o nacionalista Xosé Manuel Fernández Abraldes e o socialista José Sanmartín, selaron este mércores o pacto de goberno no concello de Barro.

“Fomentar a participación cidadá”, segundo declarou o alcalde, Fernández Abraldes, é o principal obxectivo para un mandato que estará condicionado polo gran endebedamento das arcas municipais.

O reparto das áreas de goberno que será ratificado no primeiro pleno, previsto para o venres ás 21 horas, contempla para o BNG, que ademais da alcaldía Abraldes sexa responsable do resto de áreas de goberno, entre as que están Urbanismo, Persoal e Facenda. O alcalde gozará da única dedicación exclusiva, percibirá 30.000 euros brutos ao ano, uns 1.600 euros ao mes. Roberto Rivas será o segundo tenente alcalde e farase cargo de Cultura, Festas, Patrimonio e Medio Rural; Amelia Cancela, xestionará Benestar Social, Educación e Sanidade, e finalmente Antonio Giráldez farase cargo de Deportes.

En canto ao PSdeG-PSOE, José Sanmartín será o primeiro tenente de alcalde e asume as áreas de Obras e Servizos, mentres que Lía Rodríguez encargarase de Promoción Económica, Emprego e Turismo.

Só haberá soldo para o alcalde. Por asistencia aos plenos os concelleiros cobrarán 100 euros, por comisión de goberno, 50 euros; e por comisión informativa, 30 euros.

O novo goberno local está programando unha rolda de contactos con todas as asociacións culturais e veciñaispara poñer en marcha as comisións parroquiais.

E entre os principais obxectivos figuran: recuperar a xestión pública do mercadillo e o proxecto da rotonda na PO-550.

http://pontevedraviva.com/xeral/21160/pleno-barro-ratificara-reparto-areas-gobierno-bipartito-bng-psoe/

concello de barro

Deixar un comentario