As asembleas de PSOE e BNG deciden este fin de semana a proposta de goberno de Barro, que estará formado por unha xunta de goberno de catro persoas (o permitido por lei), aínda que se fará unha repartición de responsabilidades entre o seis concelleiros (4 nacionalistas e 2 socialistas).
A proposta inclúe unha única dedicación exclusiva, para o alcalde, Xosé Manuel Fernández Abraldes. Haberá dous tenentes de alcalde, a primeira para o socialista José Sanmartín e para o número dous do BNG, Roberto Rivas. Os dous edís do PSOE terán as responsabilidades de Obras e Servizos e Promoción Económica, mentres que o BNG levará Cultura, Benestar Social e Deporte, mentres que Urbanismo, Persoal e Facenda dependerán directamente da alcaldía.
Doutra banda, Abraldes destacou o encontro cos comuneiros o pasado mércores, que espera que sexan “un actor importante” no municipio. Instouse á colaboración mutua entre elas para mellorar as opcións de recibir axudas e co propio Concello, que espera que sexan a ferramenta dos consellos de participación cidadá parroquial, que fixará no verán as súas primeiras asembleas coa intención de que en setembro estean constituídas.
