O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán visitou este mércores o inicio das obras do centro de servizos e apoio empresarial que se constrúe no polígono industrial de Barro-Meis, “queatenderá ás demandas dos novos emprendedores do viveiro de empresas que aquí se instalen e das empresas que xa funcionan no polígono”, segundo manifestou.
A empresa Construccións Abal é a encargada de executar a obra cuxo orzamento é de 898.641euros e ten un prazo de execución de 9 meses.
O novo edificio disporá dunha superficie útil de 1.200 metros cuadrados distribuída en tres andares. A planta baixa albergará unha cafetería, os servizos e varias oficinas, mentres que a primeira planta vaise a reserva un espazo para auditorio e salas multiusos ademais de almacéns e outras dependencias. No baixo cuberta instalaranse os cuartos de servizo para o funcionamento da instalación.
Rafael Louzán destacou que esta segunda fase da obra completa o desenvolvemento urbanístico do parque e sinalou que se están a cumprir os prazos previstos para esta segunda fase da obra que complementa a construción do novo viveiro de empresas.
O presidente da Deputación destacou que “estamos indo en tempo razonable para que a primeiros de ano, aproximadamente, teñamos dispoñible os dous edificios que darán servizo a todos os empresarios xa instalados no polígono e a decena de novos emprendedores que virán ao viveiro”.
VIVEIRO DE EMPRESAS
Rafael Louzán tamén inspeccionou a evolución das obras de construción do viveiro empresarial que facilitará a labor dos novos emprendedores ofrecéndolles espazos e servizos axeitados para a posta en marcha das súas iniciativas.Funcionará como unha estrutura de acollida temporal no que as novas empresas poidan dar os seus primeiros pasos á vez que reciben un asesoramento especializado das súas necesidades e con vantaxes económicas.
Durante os dous primeiro anos, as novas empresas poderán instalaranse de balde soportando unicamente os gastos xerais de mantemento das dependencias.
A posta en marcha deste viveiro, financiado con Fondos Feder nun 80% e da Deputación nun 20%, é froito dun acordo coa Fundación Incyde para impulsar o emprendemento empresarial e a promoción económica da provincia.

