Dende Barro a Míster Universo

LOGO PONTEVEDRA VIVA BARRO

Paul Delgado gañou o dereito a participar no próximoCampionato Mundial Mister Universo que se celebrará os días 4 e 5 de xullo na localidade Italiana de Sapri.
O representante do ximnasio Área Go Fit de Barro logrou o pasaporte para esta importante cita no recente Campionato de España IBFA de Fisioculturismo e Fitness celebrado en Boecillo (Valladolid).

Delgado proclamouse campión na categoría Men Body Fashion Talla Baja, ao que une o título de campión do norte de España da asociación AEFF que se adxudicou en Cambados a principios de maio.

Ademais, outro representante da Área Go Fit, Gonzalo Eiras, foi subcampión en Cambados na mesma categoría en Talle Alto, pero non puido asistir ao campionato celebrado o pasado día 23 en Boecillo.

Agora Paul Delgado inicia a preparación de cara a Mister Universo coa ilusión de lograr un bo resultado, aínda que consciente do alto nivel competitivo que se encontrará en Italia.

http://pontevedraviva.com/deportes/20418/dende-barro-mister-universo-paul-delgado/

paul

Deixar un comentario