Pompas Fúnebres e Alianza e Barros sondan terreos fóra dePontevedra para construír un crematorio. Así o asegurou onte o xerente desta última funeraria, Fernando Gutiérrez, que afirmou que se están a barallar varias opcións fóra do concello. «Temos dous ou tres alternativas que estamos a mirar con discreción. Poioé unha, Barro é outra e ponte Caldelas outra. Non descartamos ningunha», apuntou.
O empresario sostén que abrir un negocio destas características enPontevedra «non» é posible » debido á actual normativa municipal, que só permite a construción de crematorios en chan rústico, en polígonos industriais ou cemiterios e a unha distancia mínima de 50 metros das casas.
Na actualidade, o único dos cinco proxectos que cumpre con estes requisitos é o forno incinerador previsto por Funespaña en San Amaro.
As citadas restricións legais levaron a Alianza e Barros e Pompas Fúnebres a recorrer o regulamento aprobado polo Concello ante os xulgados, que deberán pronunciarse sobre esta cuestión.
O fallo xudicial determinará en boa medida os investimentos de ambas as dúas funerarias en Pontevedra, xa que no seu día proxectaron un crematorio na parcela de Arcebispo Malvar na que prevén instalar un tanatorio. «Non» entendemos «o rexeitamento aos crematorios urbanos. Hai os por toda Europa. Dende logo, as razóns para non o querer non son científicas, manifestou Gutiérrez.

