– 21.629,34€ (3.600.000 pesetas) –
Esto é o que lle acaba de pagar o Concello a Transantonio por facer o campanario da capilla de San Cibrán, que é da comunidade de montes de Agudelo.
Bueno, non todo o campario, porque parte xa estaba feito: sólo o remate. (21.629,34€). A parte imprescindible para lanzar os foguetes. Contade as pedras, porque a min non me saen as contas.
Non hai cartos para saneamento nin para os clubes e asociacións, pero sí para asfaltar pistas a contrareloj, para baños que non se van usar e para campanarios.
Despois da cagada de ter que gastar 95.000€ para levar a luz ó campo de fútbol do Outeiro, para poder lucir a herba sintética na que gastaran 420.000€ porque a instalación non servía (e non o pensaran antes), agora aproban, en plena precampaña electoral, pagarlle un capricho a unha comunidade de montes.
Tendo en conta que o presidente desa comunidade vai na lista do PP, a cousa cheira un pouco a podre. Ou eso ou moi mal lle debe ir nos sondeos para ter que encomendarse a un santo… (ninguén lle debeu explicar que cando un fai unha ofrenda os cartos teñen que ser seus).
Á comunidade de montes hai que tirarlle das orellas tamén: por participar no desperdicio de cartos de todos e por facelo mentres deixan caer a rectoral de Agudelo.
Porque que o faga Landín enténdese: segue picado porque no 2005 non lle deixaron facer a erección do monolito aquel.
Estouno vendo, no seu habitual estilo: “Perderemos as eleccións, pero non as ereccións”.
Esta inversión no monte da Chan contrasta co convenio que o propio concello asinou no 2008 co Arzobispado para rehabilitar a rectoral da Portela:
Vese que os da Portela eran máis importantes no 2008 que os de Agudelo agora, que se teñen que contentar cun campanario (a precio de ouro, eso sí) mentres ven caer a súa rectoral a cachos.
Polo que se ve, para esta tropa ten máis valor etnográfico a capilla que se inventaron hai uns anos que o que hai en torno á igrexa de Agudelo.




